A Insua dos Poetas homenaxeou a Arcadio López-Casanova no Día do Libro

Compartir

Ourense, 23 de abril de 2022. - O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta tarde á celebración do Día do Libro na Insua dos Poetas. O acto foi unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido. No encontro estiveron, entre outros, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.