Jorge Pumar acompaña á conselleira de Mobilidade na súa escoita ao colectivo de taxistas de Ourense

Compartir

Ourense, 22 de setembro de 2023.- O deputado delegado de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, acompañou esta mañá á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, nunha visita que realizou a Ourense e na que mantuvo un encontro de traballo coa Asociación Provincial de Taxistas, que se desenvolveu no entorno da estación intermodal. Nesta reunión de traballo, os profesionais do sector do taxi manifestáronlle á conselleira as súas inquedanzas e petición para mellorar o servizo público que prestan en Ourense. Ademáis, a titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia deulles a coñecer o apoio do Goberno galego con este sector, ampliando o crédito de axuda, tal e como publica hoxe o DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230922/AnuncioG0533-180923-…