Jorge Pumar acompañou á conselleira de Infraestruturas na posta en servizo da fonte termal no entorno da Ponte Romana

Compartir

Ourense, 20 de marzo de 2023.- O deputado provincial Jorge Pumar acompañou esta mañá en Ourense á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na supervisión da posta en servizo da nova fonte termal no entorno da Ponte Romana e da Capela dos Remedios. Tamén estiveron presentes neste acto o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Esta intervención na contorna dos Remedios súmase a unha serie de actuacións xa realizadas pola Xunta de Galicia para a posta en valor desta zona, supoñendo un investimento total de 1,6 M€.