Jorge Pumar acompañou á conselleira Ethel Vázquez na presentación do eixo de mobilidade sostible de Ourense

Compartir

Ourense, 29 de marzo de 2023.- O deputado provincial Jorge Pumar acompañou esta mañá en Ourense á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén, na presentación do eixo de mobilidade sostible que conectará a cidade de norte a sur.

A conselleira anunciou a licitación das obras das sendas do Barbaño e a avenida das Caldas, que suporán unha inversión autonómica de 5,4 millóns de euros.