Jorge Pumar asiste en representación da Deputación á asemblea da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais

Compartir

Budapest, 1 de decembro de 2023.- Budapest acolle desde hoxe a asemblea xeral da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), da que forma parte a Deputación como goberno da provincia termal. En representación da institución provincial asistiu o deputado de Innovación, Jorge Pumar.

Na asemblea concretouse o relevo da anterior Presidencia da EHTTA, que ostentaba a Deputación na persoa de Manuel Baltar,e que agora recae no alcalde de Montegrotto Terme (Italia), Riccardo Mortandello.

Tamén se aprobou o programa de actividades para 2024, no que a Deputación terá un papel destacado na promoción dos recursos termais da provincia termal en eventos a nivel europeo.