Jorge Pumar asiste á presentación do XI Memorial Manolo Carrera 2023, co que colabora a Deputación de Ourense
Ourense, 21 de setembro de 2023.- O deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, asistiu hoxe no Concello de Ourense, á presentación do XI Memorial Manolo Carrera 2023, un dos torneos máis importantes da provincia nas categorías benxamín e alevín, que conta co apoio da Deputación de Ourense.
Na competición, que terá lugar no Monte da Aira, en Velle, os días 23 e 24 de setembro, participarán distintos clubs provincias, así como algunhas das escolas deportivas máis representativas de Galicia como o R.C Deportivo, o R.C Celta de Vigo e o C.D Lugo.