Jorge Pumar asistiu á inauguración do Laboratorio de Experimentación do Salnés, enmarcado nun proxecto europeo do que é socio á Deputación
Vilagarcía de Arousa, 1 de xuño de 2022.- O deputado Jorge Pumar asistiu esta mañá á inauguración do Laboratorio de Experimentación e Prototipado da Mancomunidade do Salnés, beneficiaria do proxecto Nova TFE "Novas oportunidades de Negocio para Pymes Baseadas nas Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais" da que é socia a Deputación de Ourense.
O laboratorio está formado por un equipamento de robótica e fabricación Fab-Lab e está emprazado nas instalacións de Galicia Turistic. Ten como principal obxectivo aproximar ás pemes de áreas non urbanas do espazo de cooperación ás estruturas de investigación e transferencias existentes, ademais de apoiar novos modelos de negocios innovadores e intensivos en tecnoloxías e acompañar ás propias pemes na súa búsqueda de socios, provedores e financiación.
O proxecto Nova TFE céntrase na investigación aplicada vencellada co internet das cousas e a fabricación avanzada, e pretende facilitar a creación e desenrolo dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP). Está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.