Jorge Pumar participa, en representación da Deputación, na inauguración da carpa que instala a Asociación Diabética Auria con motivo do Día Mundial da Diabetes

Compartir

Ourense, 14 de novembro de 2023.- O deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, participou esta mañá, en representación da Deputación de Ourense, na inauguración da carpa que cada ano instala a Asociación Diabética Auria, na rúa do Paseo, con motivo do Día Mundial da Diabetes.

Neste mes de novembro, a Asociación Diabética Auria sae aos centros de saúde e á rúa co obxectivo de dar a coñecer o lema do Día Mundial da Diabetes 2023: "Coñecer os riscos é coñecer as respostas". Con isto, búscase que a poboación tome conciencia sobre a importancia de saber que é, que implica a enfermidade e os pasos a seguir para mellorar na prevención, o diagnóstico temperán e os tratamentos adecuados.

Neste día grande do colectivo (14 de novembro), os membros da Sociedade Diabética Auria non só estarán coa carpa no centro da cidade, tamén colocarán mesas con enfermeiras no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense durante toda a mañá.