Jorge Pumar participa na presentación da 46ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño
Ourense, 2 de novembro de 2023.- O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación da XLVI Carreira Pedrestre Popular do San Martiño, que organiza o Consello Municipal de Deportes da cidade e celebrarase o 12 de novembro. A esta presentación acudiu o deputado provincial de Innovación, Jorge Pumar, en representación da Deputación, que é colaboradora do evento xunto a entidades como CaixaBank, Pérez Rumbao, Viaqua, Gadis, Coca-Cola, aquaBona, Ecourense, Federación Galega de Atletismo, e Xunta de Galicia.