Jorge Pumar participa na visita ao remate das obras do itinerario peonil e ciclista na OU-536, no tramo da Rabaza, executadas pola Xunta

Compartir

Ourense, 5 de outubro de 2023.- O deputado provincial de Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, participou hoxe na visita organizada pola Xunta de Galicia para supervisar o remate das obras do itinerario peonil e ciclista na OU-536, no tramo da Rabaza en Ourense. Trátase dunha das tres sendas, nas estradas OU-105 (Ponte Sevilla), OU-536 e na avenida de Ponferrada, nas que a Xunta investiu 1,8 millóns de euros para mellorar a mobilidade da veciñanza.

O tramo rematado, que visitaron hoxe as autoridades, permite poñer á disposición un novo itinerario de arredor de 1,5 km pola marxe esquerda da estrada que vai a Trives, a OU-536, na Rabaza.

Estas actuacións ao compromiso do goberno galego de mellorar a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis seguro e sustentable.