Jorge Pumar participa na visita ás obras do polideportivo da Universidade Laboral
Ourense, 7 de agosto de 2023.- O deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, participou hoxe na visita que o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, realizou á Universidade Laboral de Ourense. Alí comprobaron o desenvolvemento dos traballos que se están a realizar no polideportivo do centro educativo, cun investimento de medio millón de euros. A Xunta de Galicia inviste na actualidade 6 millóns de euros en obras de mellora en centros educativos de toda a provincia cara o novo curso escolar.