Jorge Pumar participou nunha reunión do grupo de traballo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico

Compartir

Ourense, 21 de marzo de 2024.- O deputado de Innovación, Jorge Pumar, participou esta mañá na reunión telemática do grupo de traballo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico.

Na videoconferencia tratouse o Plan de Descarbonización 2024, quedando pechadas as fases I e II do mesmo e presentando o calendario da fase III. Na mesma reunión tamén se expuxo o cronograma do VII SIE de Sustentabilidade Urbana.