Jorge Pumar representa á Deputación no Consello Político de Partenalia
Lucca, 22 de abril de 2024.
O deputado provincial de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, asistiu en representación da Deputación de Ourense á convocatoria do Consello Político da Asociación Europea de Gobernos Provinciais Intermedios (Partenalia) que se está a desenvolver en Lucca (Italia).
Nesta convocatoria expúxose o balance orzamentario e de actividades de 2023, coa intervención da Presidencia como clausura do presente mandato. Tomou a presidencia Bartolomé Nofuentes, presidente da comisión de fondos europeos da Mancomunidade de L'Horta Sud. Logo desta proclamación, presentáronse as candidaturas ao comité administrativo, así como o Plan de Acción e os Orzamentos para 2024. A xornada culminou coa preparación da Conferencia Política que se desenvolverá mañá.