José María Lago asiste en representación da Deputación ao II Simposium Urban Solutions
Ourense, 4 de outubro de 2023.- O deputado provincial delegado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asistiu esta mañá, en representación de Deputación de Ourense, ao II Simposium Urban Solutions que se desenvolve no edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O II Simposium Urban Solutions é un evento de referencia que aglutina a sectores tan importantes como son a enerxía, a sustentabilidade, a iluminación, a mobilidade, os parques, as infraestruturas e todo aquilo relacionado coas cidades. Desde a organización -liderada polo Cluster Enerxético Galego (Cluergal) que dirixe Oriol Sarmiento, coa colaboración da Dirección Xeral de Enerxía dirixida por Pablo Fernández Vila-, destacan que é unha parte moi importante, dentro da formación dos novos modelos de cidades, a participación de técnicos das diferentes administracións e dos decisores políticos.