Luis Menor abre as portas á colaboración coa asociación Avante Ourense para axudar a colectivos vulnerables

Compartir

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da asociación Avante Ourense, Julio Vila, que estivo acompañado polo tesoureiro, Juan Francisco Álvarez, e a secretaria técnica, Gina Paola Hernández.

Ourense, 19 de xuño de 2026.

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da asociación Avante Ourense, Julio Vila, que estivo acompañado polo tesoureiro, Juan Francisco Álvarez, e a secretaria técnica, Gina Paola Hernández.

O encontro permitiu coñecer o detalle do traballo e dos obxectivos deste colectivo, constituído hai tres anos para prestar apoio a persoas necesitadas para que teñan unha vida digna.

Luis Menor explicou pola súa parte as liñas de colaboración que a Deputación de Ourense mantén coas asociacións que traballan con colectivos vulnerables, nomeadamente a través da Área de Benestar. O presidente expresou o seu desexo de que esta colaboración sexa efectiva en programas conxuntos que beneficien aos usuarios da asociación Avante.