Luis Menor acompaña a Alfonso Rueda na presentación dunha nova convocatoria das axudas a xóvenes para obter o carné de conducir de coche, camión ou autobús

Compartir

Ourense, 23 de xaneiro de 2024.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda presentou este martes en Ourense unha nova convocatoria das axudas para obter o carné de conducir, requisito indispensable en moitos traballos.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe a cidade de Ourense e foi recibido no Pazo dos Deportes polo presidente provincial, Luis Menor, onde se reuniu con varios mozos que se ían a examinar do carné de conducir.

Rueda acudiu para desexarlle sorte no seu exame aos mozos que recibiron as axudas para a obtención do carné de conducir das clases B, C e D, unhas axudas que poderán volver solicitar a partir deste mércores 24 de xaneiro os mozos de entre 18 e 31 anos que estean empadroados en Galicia e que non estean a traballar. Estas axudas para sacar o carné de coche, camión ou autobús están dotadas con entre 400 e 1.300 euros e poden solicitarse desde mañá.