Luis Menor acompaña a Mariano Rajoy no pregón da Semana Santa de Carballiño

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu á inauguración da Semana Santa do Carballiño, no templo da Veracruz

O Carballiño, 6 de abril de 2025. 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu á inauguración da Semana Santa do Carballiño, no templo da Veracruz.

Trala misa oficial, o pregón causou gran expectación pola intervención de Mariano Rajoy. O ex presidente do Goberno de España pasou anos da súa infancia na vila do Arenteiro, onde o seu pai exerceu un tempo de xuiz.

Foi a Xunta de Goberno da Hermandad Penitencial e a Cofradía de Nazarenos da Vera Cruz de O Carballiño a que organizou o pregón e o resto de actividades de Semana Santa.