Luis Menor acompaña a S.M. la Reina Emérita Doña Sofía, na súa visita ao Congreso Anual da Federación de Bancos de Alimentos que se celebra hoxe en Ourense

Compartir

O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañou hoxe na comitiva de autoridades a S.M. la Reina Emérita Doña Sofía, na súa visita ao Congreso Anual da Federación de Bancos Alimentos que se celebra hoxe en Ourense. 

Ourense, 29 de maio de 2025.

O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañou hoxe na comitiva de autoridades a S.M. la Reina Emérita Doña Sofía, na súa visita ao Congreso Anual da Federación de Bancos Alimentos que se celebra hoxe en Ourense. 

Fesbal elixiu Ourense para celebrar o seu 28 congreso anual que se desenvolve hoxe no Auditorio de Ourense e está presidido pola raíña Sofía. A loita contra o desperdicio alimentario, a distribución equitativa de alimentos e a colaboración entre organizacións benéficas para mobilizar recursos son algúns dos temas para abordar na reunión que terá continuidade mañá coa asamblea de Fesbal.

A última vez que Dona Sofía estivo de visita oficial na provincia foi precisamente para coñecer as instalacións do Banco de Alimentos de Ourense (BAO) como presidenta da fundación que leva o seu nome e que colabora desde hai anos coa federación que reúne aos bancos de alimentos de toda España. Os voluntarios da entidade recibiron á raíña emérita na nave que a entidade ten no polígono de San Cibrao das Viñas, na que desenvolve a maior parte da súa actividade. O BAO foi beneficiario de varias axudas da Fundación Reina Sofía a Fesbal, tanto co envío de alimentos infantís como con financiamento para mellorar infraestruturas e recursos.