Luis Menor apoia o labor da Asociación Española Contra o Cancro na súa gala solidaria

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta primeira provincial, Marta Nóvoa, asistiu á gala solidaria da Asociación Española contra o Cancro en Ourense. 

O evento, organizado pola asociación As Canellas, amosou un ano máis a implicación de toda a sociedade ourensá coa causa de AECC Ourense. Todos os fondos recadados con esta gala irán destinados o intenso labor que fai a asociación na provincia.

A Deputación de Ourense reitera o seu compromiso e apoio ao colectivo, grazas ao que chega a axuda máis directa a pacientes e familiares afectados polo cancro.