Luis Menor asiste aos actos da Festividade dos Anxos Custodios, Patrón da Policía Nacional

Compartir

Ourense, 2 de outubro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta mañá ao acto institucional organizado pola Policía Nacional de Ourense, con motivo da celebración do patrón deste corpo de seguridade, os Anxos Custodios.

No auditorio municipal, Menor participou na entrega de distincións que, como cada ano, concede a Policía Nacional a axentes deste e outros corpos policiais, ademais de civís, entre as que figuran a encomenda, a cruz e a medalla á dedicación ao servizo policial.