Luis Menor asiste á convención anual da Fundación San Rosendo en Laias

Compartir

O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu esta noite á convención anual que organiza a Fundación San Rosendo con todo o persoal dos seus 73 centros. A cita, no Balneario de Laias (Cenlle), serviu para confraternizar, reflexionar sobre as diferentes áreas de traballo, compartir experiencias e vivir unha xornada emotiva na que tiveron un especial protagonismo as persoas que se xubilaron durante o ano pasado.

Laias, 10 de abril de 2025. 

Menor parabenizou á organización deste evento pola escolla do seu lema neste ano: “Centrados nas persoas”. “Non se me ocurriría un mellor resumo do que é o labor da Fundación San Rosendo e de todas e cada unha das persoas que prestades servizo nos 73 centros desta institución tan importante, non só para a nosa provincia, que o é, senón para miles de familias que confían en vós os coidados das persoas que máis o precisan”, dixo o presidente provincial.

Tamén fixo referencia Luis Menor á colaboración que a Deputación sempre mantivo coa fundación, recalcando que “estou seguro de que poderemos seguir reforzando e aumentando a cooperación para seguir avanzando neste eido que fai da nosa provincia un lugar mellor para vivir e madurar”.