Luis Menor asiste en Cartelle á entrega do Veliano de Honra, outorgado pola Fundación Carlos Velo, a José Luis de María-Tomé
Cartelle, 16 de setembro de 2023.- O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu hoxe á entrega do Veliano de Honra que a Fundación Carlos Velo lle vén de outorgar a José Luis de María Tomé.
Este acto, que tivo lugar no Auditorio de Outomuro, en Cartelle, comezou coa lectura da acta de concesión do premio por parte da presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte. A continuación, a doutora, profesora e xornalista Ana Isabel Silva Nicolás deu lectura á laudatio do premiado. Trala entrega do premio en forma de escultura de Acisclo Manzano, foi o turno da conferencia "O cine como vehículo de transformación social". O acto culminou cunha proxección dunha escolma de documentais de Carlos Velo.