Luis Menor asiste á festividade da Guardia Civil de Ourense con motivo do 12 de outubro
Ourense, 12 de outubro de 2024.
O presidente provincial, Luis Menor, asistiu ao acto castrense que tradicionalmente organiza a Guardia Civil con motivo do 12 de outubro, festividade da patroa da Benemérita, a Virxe do Pilar. Menor agradeceu aos membros deste corpo de seguridade do Estado o seu traballo e compromiso co servizo público.
Este acto institucional, que tivo lugar na Comandancia do instituto armado en Santa Mariña, foi un dos actos centrais con motivo do 12 de outubro na provincia.