Luis Menor asiste á gala dos XIII Premios Denominación de Orixe Ribeiro

Compartir

Ourense, 27 de xuño de 2024.

O presidente da Deputación de Ourese, Luis Menor, asistiu esta tarde na Carballeira de Santa Cruz, á gala dos XIII Premios Denominación de Orixe Ribeiro. Un recoñecemento que cada ano concede esta Denominación de Orixe para premiar o labor que realizan as distintas entidades e persoas na difusión dos viños desta Denominación, a máis antiga de Galicia.