Luis Menor asiste á III Festa do Maior de Castrelo de Miño

Compartir

Castrelo de Miño, 4 de maio de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe á eucaristía, oficiada polo bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, con motivo da III Festa do Maior de Castrelo de Miño. Esta celebración estase a desenvolver durante toda a xornada no CEIP de Astariz e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.