Luis Menor asiste ás Medallas Castelao e destaca a traxectoria do ourensán Pérez Nieto

Compartir

Felicitou os logros deste referente da automoción 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu á entrega das Medallas Castelao 2025 que outorga a Xunta de Galicia a persoalidades destacadas en ámbitos como o empresarial, o artístico e o cultural.  

O titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado de membros do Executivo galego, presidio a cerimonia de imposición das Medallas Castelao 2025 na Igrexa de San Domingos de Bonaval.

Foron recoñecidos o grupo Luar na Lubre, o escritor Víctor Freixanes, o empresario Emilio Pérez Nieto, a médico de familia Rosa Rodríguez Álvarez e a Asociación Gallega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica (Agaela).

Ao remate do acto Luis Menor expresou os seus parabéns a todos os galardoqdos, con especial mención ao empresario ourensán Emilio Pérez Nieto.

Presidente da Confederación Empresarial de Ourense durante os anos da transición política, en 1982 Emilio Pérez Nieto fíxose cargo da presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia.  Tamén presidiu o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, e a asociación empresarial do seu sector en Galicia dende 2009, a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia (ACOAGA), e dende 2010 da Asociación Galega da Empresa Familiar.