Luis Menor asiste xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á inauguración da adega Casar de Vide, en Castrelo de Miño

Compartir

Castrelo de Miño.- O presidente provincial, Luis Menor, acompañou esta tarde ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á inauguración da adega Casar de Vide, en Castrelo de Miño, onde tamén asistiu o alcalde deste municipio, Avelino Pazos.

O máximo responsable da Deputación amosou o seu apoio ao sector vitivinícola, neste caso da D.O. Ribeiro, como un dos eixos estratéxicos e fundamentais para o desenvolvemento da provincia, fonte de riqueza e exaltación da tradición.