Luis Menor continúa a súa rolda de contactos cos alcaldes da provincia, esta tarde cos rexedores de Manzaneda e A Teixeira

Compartir

Ourense, 8 de novembro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, continúa coa súa rolda de contactos con todos os alcaldes da provincia. Así, esta tarde recibiu na Deputación aos rexedores de Manzaneda e A Teixeira, Amable Fernández e Xosé Vázquez, respectivamente.

O obxecto destas reunións, tal e como leva manifestado Menor, é coñecer de primeira man as peticións dos alcaldes e alcaldesas, co fin de poder articular máis axeitadamente as ferramentas de cooperación institucional que desenvolve a Deputación.