Luis Menor desexa “os maiores acertos” ao novo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo

Compartir

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá á toma de posesión do novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo Cid, ao que desexou "os maiores acertos nas súas funcións". Do novo delegado territorial, Menor  sinalou que o seu talante e profundo coñecemento da administracións "serán unha garantía de diálogo e coordinación institucional".