Luis Menor destaca a “identidade” dos viños do Ribeiro na entrega dos premios anuais do Consello Regulador
O presidente provincial entregou os galardóns aos restaurantes Portobello e Amaragotas e a tenda especializada Xadigal
Ourense, 26 de xuño de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, destacou os viños do Ribeiro como “símbolo de identidade” do territorio, durante o acto de entrega dos XIV Premios Ribeiro 2025 organizados anualmente polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, celebrados no restaurante A Carballeira de Santa Cruz.
Menor entregou os galardóns aos restaurantes Portobello e Amaragotas e a tenda especializada Xadigal.
O obxectivo dos Premios Ribeiro é recoñecer a calidade dos viños da rexión e ás persoas que contribúen á súa excelencia.