Luis Menor destaca o papel de Nós, a xente do redor como “espazo de encontro, liberdade e creación na cultura galega”
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, na presentación do número 22 da revista cultural Nós, a Xente do Redor, unha publicación que reúne neste novo volume os textos de vinte autores e autoras.
Trasalba, 20 de setembro de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, na presentación do número 22 da revista cultural Nós, a Xente do Redor, unha publicación que reúne neste novo volume os textos de vinte autores e autoras.
Durante o acto, que contou cun programa poético e musical, Luis Menor salientou a traxectoria desta iniciativa xurdida en Ourense durante o confinamento de 2020 co propósito de unir na distancia e ofrecer unha plataforma libre e plural para a difusión da cultura galega.
O presidente provincial definiu a publicación como “un espazo de encontro, liberdade e creación que mantén viva a nosa memoria, dá visibilidade ao talento contemporáneo e contribúe a facer comunidade arredor da cultura galega”.
Menor reafirmou o apoio da Deputación de Ourense a este proxecto, destacando que “as administracións debemos acompañar as iniciativas culturais nacidas da sociedade que crean vínculos, dinamizan o territorio e fortalecen a identidade da provincia”.
A portada deste novo número, dedicada á figura de Ramón Otero Pedrayo, reforza o diálogo da revista entre a memoria dos grandes referentes da cultura galega e a creación actual.