Luis Menor destaca a profesión veterinaria como “piar fundamental” da saúde pública
No acto de presentación dos novos cargos do Comité Executivo do Consello Galego de Colexios Veterinarios
Ourense, 13 de marzo de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no acto de presentación dos novos cargos do Comité Executivo do Consello Galego de Colexios Veterinarios. O ourensán Ricardo Vecillas foi elixido o pasado 11 de febreiro en Pontevedra como presidente deste órgano, que engloba aos catro colexios profesionais de Galicia. Neste sentido, Luis Menor aproveitou o acto para poñer en valor a “contrastada profesionalidade” de Vecillas.
Durante a presentación dos novos cargos, nun acto na sede do Colexio de Veterinarios de Ourense, Luis Menor reiterou o apoio da Deputación ás demandas dos veterinarios, facendo mención as dificultades que atravesa o sector a causa das novas normativas.
Neste sentido, o presidente provincial destacou a profesión veterinaria como “piar fundamental da saúde pública”.