Luis Menor e Marita Souto analizan as conclusións da 74ª Asemblea e Congreso Científico Internacional da FEMTEC, celebrada en Ourense co apoio da Deputación
Ourense, 18 de abril de 2024.
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial coa delegada en España da Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia (FEMTEC). Durante a xuntanza, tiveron a oportunidade de analizaron as conclusións da 74ª edición da Asemblea e do Congreso Científico Internacional da FEMTEC, celebrado en Ourense co apoio da Deputación de Ourense.
Luis Menor agradeceu o traballo realizado por Marita Souto "a prol do termalismo, reflectido a través de publicacións que poñen en valor o rol da provincia en foros especializados", ademais de reiterar o compromiso e apoio por parte da Deputación ao sector termal.