Luis Menor expresa o “sentimento unánime” de pesar polo falecemento do ex deputado provincial Miguel Antonio Cid
Ourense, 10 de outubro de 2023.- O presidente da Deputación, Luis Menor, expresa o "sentimento unánime" de pesar polo falecemento do ex deputado provincial e exalcalde da Teixeira, Miguel Antonio Cid.
En nome da institución provincial, o presidente traslada á familia do médico e político o seu máis sincero apoio nestes difíciles momentos, así como o recoñecemento o labor desenvolvido por Miguel Antonio Cid na súa condición de alcalde da Teixeira durante 32 anos e deputado provincial desde 2015 ata 2023.
"Déixanos un gran home e unha mellor persoa que decidiu servir á veciñanza como profesional da medicina e como alcalde, pero tamén sen perder a perspectiva de provincia", destaca Luis Menor.