Luis Menor felicita ao Ourense CF pola súa clasificación para a seguinte ronda da Copa del Rey
Ourense, 4 de decembro de 2024.
O Ourense CF acaba de clasificarse para a seguinte ronda da Copa del Rey tras vencer no estado do Couto ao RC Deportivo por 1-0. Ao encontro asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen lles transmitiu os seus parabéns aos xogadores do conxunto ourensán tras un derbi moi disputado e con gran calidade de ambos conxuntos galegos.