Luis Menor felicita aos membros da Policía Nacional con motivo do día do seu patrón, os Anxos Custodios
O presidente provincial asistiu ao acto de entrega de medallas no Auditorio Municipal e transmitiu os seus parabéns aos membros do CNP "polo seu compromiso, traballo e servizo público exemplar nunha institución clave na nosa sociedade desde hai 200 anos".
Ourense, 2 de outubro de 2024.
O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao tradicional acto conmemorativo e de entrega de medallas da Policía Nacional en Ourense, con motivo do día do seu patrón, os Anxos Custodios.
Menor transmitiu os seus parabéns aos membros do Corpo Nacional da Policía, "polo seu compromiso, traballo e servizo público exemplar nunha institución clave na nosa sociedade desde hai 200 anos". O acto tamén contemplou a entrega de premios do I Concurso de Debuxo Infantil da Policía Nacional de Ourense, unha iniciativa que tamén foi enxalzada polo presidente provincial "por achegar aos máis cativos ao importante labor que desempeñan a diario os axentes do CNP".