Luis Menor felicita a Felipe Ferreiro pola concesión da Medalla de Prata da Cruz Vermella
Ourense, 19 de xuño de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente provincial de Cruz Vermella, ao que tivo ocasión de felicitar pola recente condecoración coa Medalla de Prata da institución humanitaria, en recoñecemento a súa traxectoria.
Durante o encontro, Menor e Ferreiro repasaron as liñas de colaboración activas entre Cruz Vermella e a Deputación de Ourense, traballo conxunto marcado “pola historia que une a ambas institucións, dada a vinculación da propia Deputación no nacemento de Cruz Vermella en Ourense”, sinalou Menor.