Luis Menor felicita á Princesa de Asturias na entrega da Medalla de Ouro de Galicia
O presidente provincial acudiu ao acto en Santiago no que se recoñeceu a Leonor de Borbón y Ortiz
O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta mañá en Santiago ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias, outorgado pola Xunta de Galicia a doña Leonor de Borbón y Ortiz para recoñecer “a súa presencia en Galicia, así como a súa pegada e a relación que a Casa Real ten coa comunidade”.
O acto celebrouse dous días antes da entrega de despachos na Escola Naval de Marín, onde remata a Alteza Real a súa formación.
A Medalla de Ouro de Galicia é a máxima distinción que se outorga na comunidade autónoma. O resto de medallas entregaranse, como vén sendo habitual, nun acto o próximo 24 de xullo.
Dende o Executivo galego sinalan que con este galardón á Princesa de Asturias tamén se pretende transmitir dende Galicia "o cariño sincero que a maioría de galegos ten tanto á Princesa Leonor como á Coroa”.