Luis Menor felicita á Unión Deportiva Ourense pola súa presenza na fase de ascenso a Segunda Federación
Ourense, 5 de maio de 2024.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acudiu esta tarde ao estadio do Couto, onde Unión Deportiva Ourense gañou fronte ao Paiosaco, vitoria que garante a súa presenza na fase de ascenso a Segunda Federación por segundo ano consecutivo.
No descanso do encontro, Luis Menor saudou a todos os integrantes dos equipos base da UDO, presentes tamén no Couto.