Luis Menor inaugura o VI Seminario da Asociación de Comunicadores Meteorolóxicos

Compartir

Ourense, 18 de novembro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, deulles a benvida aos participantes no VI Seminario da Asociación de Comunicadores Meteorolóxicos (ACOMET), que se desenvolverá durante toda a fin de semana en Ourense, con charlas abertas ao público tanto no Centro Cultural Marcos Valcárcel como no Liceo.

Menor agradeceu aos membros de ACOMET por elixir Ourense como emprazamento do seu cuarto Seminario a nivel nacional. "Para unha provincia como a nosa é sempre unha honra acoller eventos como este, enriquecedores e produtivos, tanto para os participantes no mesmo como para o territorio onde se desenvolve". Tamén abundou o presidente provincial en que "como excelentes comunicadores que sodes, non me cabe dúbida de que saberedes transmitir todo o bo que Ourense ofrécelle ao mundo. Quizá non sexamos das provincias máis coñecidas de España, pero asegúrovos que si somos das máis sorprendentes".