Luis Menor, na II Festa do Viño de San Amaro
San Amaro, 18 de novembro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde na inauguración da II Festa do Viño de San Amaro, que tivo como pregoeiro a Xosé Lois "Carrabouxo".
O presidente provincial, acompañado polo alcalde, Fernando Redondo, felicitou á veciñanza e ao propio equipo de goberno por recuperar unha arraigada tradición de vello como eran as festas organizadas para probar o viño novo, á que se sumou nesta ocasión un magosto popular.