Luis Menor, no acto de homenaxe á Constitución Española

Compartir
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no 47º aniversario da Constitución de Española.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no 47º aniversario da Constitución de Española. No acto fíxose entrega ao alumnado gañador da 41ª edición do seu concurso da Constitución que organiza a Subdelegacion do Goberno en Ourense. No apartado de mencións especiais distinguiuse a entidades que tiveron un papel relevante na loita contra a vaga de lumes que afectou este verán a nosa provincia como a UME, a Brif de Laza, a comandancia da Garda Civil, a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e o xornal O Sil. Así como a Aixiña polo seu labor a prol das personas con discapacidade e aos seus familiares, no seu traballo para lograr a plena integración das persoas en todos os ámbitos da súa vida.