Luis Menor participa en San Xoán de Río nun encontro con alcaldes da comarca de Terra de Trives co gallo da I Festa Gastronómica da Tenreira dese municipio

Compartir

Ourense, 11 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe nun encontro con alcaldes da comarca de Terra de Trives, con motivo da I Festa Gastronómica da Tenreira de Río, englobada nunha celebración adicada aos emigrantes no municipio de San Xoán de Río. O alcalde deste municipio e deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural, Xosé M. Pérez Blecua, exerceu de anfitrión desde encontro de alcaldes da comarca. Trala xuntanza institucional, o presidente provincial participou no xantar popular con motivo desta festa gastronómica para ensalzar un dos productos agrogandeiros máis representativos da comarca Terra de Trives e do municipio de San Xoán de Río en particular.