Luis Menor participa na 1ª Festa de Degustación de carne de vaca frieiresa en Cartelle
Cartelle, 17 de marzo de 2024.- O presidente da Deputación, Luis Menor, participou hoxe na primeira Festa de Degustación de carne de vaca frieiresa, celebrada na localidade de Nogueiró, no Concello de Cartelle. Un xantar popular organizado con motivo da próxima festividade do 19 de marzo, San Xosé.