Luis Menor participa na entrega de premios da Cata dos Viños da Ribeira Sacra, con tres adegas ourensás recoñecidas
O presidente provincial outorgou o galardón ao segundo mellor tinto, o mencía “Promine”
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na gala de entrega de premios da XXIX Cata dos Viños da Ribeira Sacra. No IBERIK Augas Santas Balneario & Golf de Pantón celebrouse o acto no que se apostou por seguir recoñecendo a calidade dos nosos viños.
Menor foi o encargado de entregar o segundo premio dos tintos, que foi outorgado á Adega Petrón polo seu mencía “Promine”. Ademais, foron premiados tres viños da zona ourensá da Ribeira Sacra, pertenecentes ás adegas Peza do Rei, Ponte da Boga e Adega Vella.
Esta cita anual serve para premiar aos mellores viños tintos e brancos da añada do ano anterior.
Nesta edición participaron 21 bodegas da D.O, que presentaron un total de 65 mostras de viño.