Luis Menor participa na Festa da Codorniz de Cortiñas, en Castrelo de Miño
O presidente da Deputación compartiu coa veciñanza esta tradicional celebración acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos
Castrelo de Miño, 14 de agosto de 2026.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Festa da Codorniz de Cortiñas, en Castrelo de Miño, acompañado polo alcalde do municipio, Avelino Pazos.
Luis Menor compartiu coa veciñanza e coas numerosas persoas que se achegaron ata Cortiñas esta celebración, unha cita que combina gastronomía, tradición e convivencia e que contribúe a dinamizar a vida social do municipio.
O presidente provincial destacou a importancia destas festas populares como “puntos de encontro que fortalecen os vínculos entre a veciñanza, manteñen vivas as nosas tradicións e contribúen á dinamización do rural”.
Menor felicitou á organización e a todas as persoas implicadas na celebración da Festa da Codorniz, salientando o valor destas iniciativas para preservar a identidade e as tradicións propias dos pobos da provincia.