Luis Menor participa na Festa do Codillo de A Rúa, cita gastronómica clave para o desenvolvemento económico e social
A Rúa, 25 de xaneiro de 2025
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na Festa do Codillo, que este ano alcanza a súa 16ª edición. Con máis 1.000 participantes, trátase dunha festa gastronómica que cada vez se populariza máis e que sirve de preludio ao ciclo festivo e gastronómico do Entroido, logo de recoller o testemuño, a semana pasada, do que deixou a Festa do Botelo en O Barco.
Luis Menor recalca que esta celebración é "todo un impulso económico, comercial e social para A Rúa".
A XVI Festa do Codillo de A Rúa tamén contemplou dúas homenaxes: ao 20º aniversario da instalación da fábrica (antes Rieter Saifa e agora Autoneum) na localidade: e a José Luis Prieto, un artista coñecido como Lilí que faleceu o pasado mes de febreiro. Os seus grandes murais poden verse en varios puntos da localidade, así como en varios negocios.