Luis Menor participa na presentación do último libro de Albero Cacharrón, “A Narratio Xacobea”
Ourense, 14 de decembro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no Liceo na presentación do último do escritor, aventureiro e deportista Alberto Cacharrón, "A Narratio Xacobea", na que o autor mergúllase dunha forma diferente na historia de Santiago e o seu irmán, Xoán, discípulos de Xesús e que deixaron o seu oficio de pescadores para seguir o "Nazareno.
Menor, nunha intervención moi persoal pola amizade que lles une, agradeceu o convite do escritor para participar na presentación dun libro que demostra, logo de nove obras xa editadas, a paixón lonxana no tempo de Alberto Cacharrón pola historia, agora canalizada cara os camiños xacobeos.