Luis Menor participa na XVII Festa do Cordeiro, en Larouco

Compartir


Larouco, 27 de abril de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na XVII Festa do Cordeiro de Larouco, unha das festas gastronómicas singulares e de maior participación na comarca de Valdeorras.

A Festa do Cordeiro de Larouco introduce cada ano algunhas novidades, nesta ocasión centrada nunha gran animación musical, que correrá a cargo de A.C.A. Caniceira (Macizas Centrais) e o Dúo Maratón —este último prolongará a festa con sesión de baile finalizada a comida—, e cun programa especial de actividades para nenas e nenos.