Luis Menor participa na XVIII Festa do Cordeiro, en Larouco, unha das citas gastronómicas referentes da provincia
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na XVIII Festa do Cordeiro de Larouco, que acada a súa maioría de idade consolidándose como unha das festas gastronómicas singulares e de maior participación na comarca de Valdeorras. Así, a gran comida popular no pavillón municipal reuniu a preto de 800 asistentes.
Larouco, 26 de abril de 2025.

A Festa do Cordeiro de Larouco introduce cada ano algunhas novidades, nesta ocasión trátase da decoración da festa, tal e como anunciou a alcaldesa, Patricia Lamela, xa que un grupo de mulleres participou nesta actividade.
Luis Menor participou tamén na entrega de premios do Primeiro Torneo de Petanca, co que se inauguraron as novas pistas construidas ao carón do polideportivo.
Os asistentes puideron desfrutan de animación musical e dun menú estrela a base de entremeses, empanada, cordeiro, postre, café e chupito.